domingo, 13 de enero de 2013

Ensalada de froita

A partir de agora con esta versión 3.0 imos cambiar un pouco a orientación do blog, sigo tendo ganas de colgar cousas e compartir ideas, así que vai quedar en compartir ideas, cada vez escribirei menos e parte gráfica terá mais importancia.Pido disculpas ós que me pedíades receitas completas, pero non me da tempo a escribilas así que terán menos importancia..e cando poida escribireina completa. ahí vos vai a miña idea de hoxe que foi o meu primeiro plato de domingo. Bicos e apertas. Hoxe tiña varias froitas e quedoume boa combinación: pera, mazá kiwi e mandarina, cuns anaquiños de queixo e unhas amendoas quedou deliciosa. para atemperar: un vinagre neutro, (eu useino de arroz pero un de viño branco pode valer) e un pouco de mel (quentadeo para que emulsione ben):

viernes, 24 de febrero de 2012

Aprender

Fórums e cursos. Sempre é de interese aprender, e hoxe en día hai moitos xeitos de facelo, cursos presenciais, teleformación, xornadas, fórums, etc Este fin de semana comeza o fórum gastronómico de Santiago eu non vou poder ir, pero paréceme xenial que se fagan eventos de este tipo, aprender dos profesionais é o mellor xeito. Os que me coñecedes sabedes da miña implicación coa formación, e sen ser un siduo teño asistido a catas, cursos e xornadas varias de temas relacionados coa restauración. Este post ten varios obxectivos: un o de volver a escribir, que parecía que me esquecera… E outro: que vos pique a curiosidade por saber e probar cousas novas. Para isto douvos algunha idea: Catas guiadas: en vinus & brindis están ben de precio e ben organizadas Cursos de cociña: Tedes a posibilidade de pedilos en formación subvencionada nos sindicatos e os de Caixanova, ainda que non son baratos, funcionan moi ben: tedes información no blog desta profesora, coa que fixen un curso de wok e tempura ; e que é moi recomendable: http://www.cocinandoconmarianrodriguez.com/ Eventos gastronómicos: O Forum de Santiago, xornadas especiais en restaurantes , como as ceas de maridaje en de tapa en cepa, etc.

domingo, 27 de noviembre de 2011

Vai de libros e de Técnica Fotográfica

Ola!, cada vez adío mais o traballiño do blog e acabanme saíndo as entradas cada vez con mais tempo entre unha e outra.
A semana pasada no pais semanal saíu un especial de gastronomía e unha das reportaxes falaba dunha enciclopedia: Cociña modernista: 'A arte a a ciencia da cociña', quí podedes botarlle unha ollada a tan só custa 400 €... aquí tedes unha galería de fotografías. o asunto é que a cociña está vista dende outro punto de vista e explícase todo o que pasa cando cociñamos, según a técnica que escollamos. Mirade primeiro a galería de imaxes e as fotos dos libros e logo vede o vídeo dun dos autores explicando cómo se fixo todo o proceso fotográfico:

jueves, 27 de octubre de 2011

Sopa Inversa (e rara)

Gústanme as sopas de peixe, xa sei que non son o mais habitual, pero que lle vou facer, xa hai tempo que non fago esa de salmon que me encanta, pero hoxe improvisei otra bastante reseñable. Viña eu disfrazado de consultor e camiñando dende o areal, co cal cheguei a casa con certa fame… e pensei en facer un bocata deluxe pensando que tiña lombo natural no conxelador, como non o atopei empecei a pensar en improvisar….. tiña un pouco deses combinados de verduriñas: calabacín, xudias redondas, cogumelos, etc e tamen tiña gardado un pouco de caldo de peixe con romeu…una sopa podía estar ben. Cóntovos que a sopa é inversa porque o caldo xa está feito.. normalmente fago primeiro o caldo de despois engado o resto de cousas para que se cozan nel, hoxe cambiei e
refoguei as verduras cuns filetes de pescada en anacos e seguín refogando con fideo (do número 4) engadín o caldo e listo..con 10 mais minutos para que se fixera o fideo, terminado! O peixe retireino moito antes para que non se pasara. Tede en conta que se fai rápido porque o caldo xa estaba preparado, cando fagades alguna cocción para outra receita pensade en conxelar o caldo, de peixe, de cocido, de verduriñas, saen unhas sopas moi saborosas…e rápidas.

martes, 25 de octubre de 2011

A cociña da saúde

Xa fai ben tempo que me agasallaron cun libro moi interesantes, é un libro de cociña, pero ten poucas receitas, tamén é un libro de saúde, pero tampouco é que leve moitos consellos médicos e por ultimo ven sendo unha obra literaria porque non deixa de narrar a vida dunha familia. Adriá, Fuster e o periodista descoñecido de apelido Corbella amalgaman unha boa obra, para ter de referencia e ler. Para comezar unha nova etapa no blog ronsel non vou ver cara atrás nin explicarvos o porqué do parentese, simplemente non escribín e punto, as cousas teñen que saír e cando se forzan non saen ben... Espero que vos guste a nova imaxe e xa vos irei contando os meus experimentos con novos trebellos que teño e tamén vos sacarei información deste libro que me parece absolutamente fantástico, para ir abrindo boca deixovos algún enlace para mais información

lunes, 20 de junio de 2011

(mais) Conexión cinematografica

Fai ben pouco que vin unha peli que vos pode gustar ós que coma min disfruta cos temas gastronómicos.
Chámase julie & julia e a verdade que é deliciosa.
A peli estructúrase en dúas partes que van desenvolvéndose ó tempo de xeito paralelo.
nun lado está a historia de julia Child, unha muller estadounidense que viviu nos anos 50 en Francia, acompañando ó seu marido, diplomático. Nestes anos aprendeuno todo sobre a cociña francesa e escribiu un libro con moito esforzo. Á volta ós estados unidos déronlle un programa de cociña que abriu os ollos ó país en termos culinarios.
A outra historia pasa na actualidade e trata dunha moza que se pon un reto, que consiste en facer tódalas receitas do libro de Julia Child nun ano e para iso abre un blog e vai comentadoas todas e amais as aventuras polas que pasa para facelas.

Pareceume moi divertida e abre moito a curiosidade sobre a cociña francesa...



Esta é a auténtica Julia Child:

miércoles, 8 de junio de 2011

Mariñadas


Ultimamente estoume afecionando a mariñar certas cousas, comecei con distintos cortes de polo, peitugas ou muslos, pero podemos mariñar calquera peza de carne, e incluso peixe (as clásicas escabeches non son mais que mariñadas quentes).

A clave está en impregnar a peza cunha cantidade suficiente de condimentos e deixala unhas horas para que colla tanto aromas como sabores ó tempo que se ablanda para despois cociñala de mellor xeito. Ó ideal é que este tempo esté na neveira, por aquilo de que a temperatura sexa constante e este mellor conservada en un recipiente con tapa, para concentra-los arrecendos e que non pasen ó ambiente ou a outros alimentos.

Pódense empregar bases de viño con especias e herbas aromáticas ou outras mais exóticas, coma unha que me gusta moito que é iogur natural con especias tandoori (mistura india que non é doada de atopar, pero que da uns resultados impresionantes).

Unha moi sinxela que fixen fai ben pouco e que apliquei a unhas peitugas foi a seguinte:

- Aceite (tres culleradas)

- Prebe de Soia (eu uso Kikkoman, para as mariñadas é perfecta, para a mesa hainas mais suaves, pero iso xa é outro tema)

- Pementón (na miña opinión se é da Vera moito millor, hai moita diferencia cos de outras orixes)

- Ourego (vale outra herba: alfabaca, tomentelo, romeu, etc)

É tan sinxelo como embadúrnalo ben (se o metedes todo nun táper, simplemente poñede-la tapa e axitades, así amais de non mancharvos emulsionades o conxunto).

Deixádelo no frigo unha noite e o día seguintes facedes a peituga na prancha coma sempre.

Eu engadinlla a unha ensalada de leituga folla de roble, cuns tomatiños pera, así quedou un contraste moi rico entre o quente e o crocante e frío dos vexetais.