Eu chamolle paracas fragantes as
Que levan cebolla e un pouco de prebe que as fan deliciosas.
Estas fritinas un pouco e logo acabaronse de facer no preve do peixe.
Para facer o rape
Simplemente o paseo por fariña e doreino en aceite. Logro mese aceite engadin martini blanco e aguante deixei reducir. Quitéi o peixe, terminaronse de facer as patacas. E listo. Mooooi rico
jueves, 17 de enero de 2013
lunes, 14 de enero de 2013
Aperitivos
A ver se vos gustan esta idea para unhas culleriñas de aperitivo.
É simplemente unhas gulas e uns
mexilons guisados con tomate e loureiro, moi rápido e moi sinxelo.
É simplemente unhas gulas e uns
mexilons guisados con tomate e loureiro, moi rápido e moi sinxelo.
domingo, 13 de enero de 2013
Ensalada de froita
A partir de agora con esta versión 3.0 imos cambiar un pouco a orientación do blog, sigo tendo ganas de colgar cousas e compartir ideas, así que vai quedar en compartir ideas, cada vez escribirei menos e parte gráfica terá mais importancia.Pido disculpas ós que me pedíades receitas completas, pero non me da tempo a escribilas así que terán menos importancia..e cando poida escribireina completa.
ahí vos vai a miña idea de hoxe que foi o meu primeiro plato de domingo.
Bicos e apertas.
Hoxe tiña varias froitas e quedoume boa combinación: pera, mazá kiwi e mandarina, cuns anaquiños de queixo e unhas amendoas quedou deliciosa. para atemperar: un vinagre neutro, (eu useino de arroz pero un de viño branco pode valer) e un pouco de mel (quentadeo para que emulsione ben):
viernes, 24 de febrero de 2012
Aprender
Fórums e cursos.
Sempre é de interese aprender, e hoxe en día hai moitos xeitos de facelo, cursos presenciais, teleformación, xornadas, fórums, etc
Este fin de semana comeza o fórum gastronómico de Santiago
eu non vou poder ir, pero paréceme xenial que se fagan eventos de este tipo, aprender dos profesionais é o mellor xeito.
Os que me coñecedes sabedes da miña implicación coa formación, e sen ser un siduo teño asistido a catas, cursos e xornadas varias de temas relacionados coa restauración.
Este post ten varios obxectivos: un o de volver a escribir, que parecía que me esquecera…
E outro: que vos pique a curiosidade por saber e probar cousas novas.
Para isto douvos algunha idea:
Catas guiadas: en vinus & brindis están ben de precio e ben organizadas
Cursos de cociña: Tedes a posibilidade de pedilos en formación subvencionada nos sindicatos e os de Caixanova, ainda que non son baratos, funcionan moi ben: tedes información no blog desta profesora, coa que fixen un curso de wok e tempura ; e que é moi recomendable: http://www.cocinandoconmarianrodriguez.com/
Eventos gastronómicos: O Forum de Santiago, xornadas especiais en restaurantes , como as ceas de maridaje en de tapa en cepa, etc.
domingo, 27 de noviembre de 2011
Vai de libros e de Técnica Fotográfica
Ola!, cada vez adío mais o traballiño do blog e acabanme saíndo as entradas cada vez con mais tempo entre unha e outra.
A semana pasada no pais semanal saíu un especial de gastronomía e unha das reportaxes falaba dunha enciclopedia: Cociña modernista: 'A arte a a ciencia da cociña', quí podedes botarlle unha ollada
a tan só custa 400 €...
aquí tedes unha galería de fotografías.
o asunto é que a cociña está vista dende outro punto de vista e explícase todo o que pasa cando cociñamos, según a técnica que escollamos.
Mirade primeiro a galería de imaxes e as fotos dos libros e logo vede o vídeo dun dos autores explicando cómo se fixo todo o proceso fotográfico:
jueves, 27 de octubre de 2011
Sopa Inversa (e rara)
Gústanme as sopas de peixe, xa sei que non son o mais habitual, pero que lle vou facer, xa hai tempo que non fago esa de salmon que me encanta, pero hoxe improvisei otra bastante reseñable.
Viña eu disfrazado de consultor e camiñando dende o areal, co cal cheguei a casa con certa fame… e pensei en facer un bocata deluxe pensando que tiña lombo natural no conxelador, como non o atopei empecei a pensar en improvisar….. tiña un pouco deses combinados de verduriñas: calabacín, xudias redondas, cogumelos, etc e tamen tiña gardado un pouco de caldo de peixe con romeu…una sopa podía estar ben.
Cóntovos que a sopa é inversa porque o caldo xa está feito.. normalmente fago primeiro o caldo de despois engado o resto de cousas para que se cozan nel, hoxe cambiei e
refoguei as verduras cuns filetes de pescada en anacos e seguín refogando con fideo (do número 4) engadín o caldo e listo..con 10 mais minutos para que se fixera o fideo, terminado!
O peixe retireino moito antes para que non se pasara. Tede en conta que se fai rápido porque o caldo xa estaba preparado, cando fagades alguna cocción para outra receita pensade en conxelar o caldo, de peixe, de cocido, de verduriñas, saen unhas sopas moi saborosas…e rápidas.
martes, 25 de octubre de 2011
A cociña da saúde
Xa fai ben tempo que me agasallaron cun libro moi interesantes, é un libro de cociña, pero ten poucas receitas, tamén é un libro de saúde, pero tampouco é que leve moitos consellos médicos e por ultimo ven sendo unha obra literaria porque non deixa de narrar a vida dunha familia.
Adriá, Fuster e o periodista descoñecido de apelido Corbella amalgaman unha boa obra, para ter de referencia e ler.
Para comezar unha nova etapa no blog ronsel non vou ver cara atrás nin explicarvos o porqué do parentese, simplemente non escribín e punto, as cousas teñen que saír e cando se forzan non saen ben...
Espero que vos guste a nova imaxe e xa vos irei contando os meus experimentos con novos trebellos que teño e tamén vos sacarei información deste libro que me parece absolutamente fantástico, para ir abrindo boca deixovos algún enlace para mais información
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





