martes, 8 de marzo de 2011

Improvisando

Cando un chega á cociña sen saber qué facer, apretado por algún invitado con fame, quizais a algunha hora ou momento raro e para colmo coa merca sen facer….só queda improvisar…co que tés na alacena.

Nese momento hai que sacar un chisco de imaxinación e outro chisco de intuición e facer algunha plegaria a algún santo para que na alacena haxa algo coherente.
Por suposto tamén podemos tirar do conxelador, eu especialmente gardo sempre varios elementos vexetais e proteicos para estes momentos. Unhas xudías, brécol, espinacas, pementos, cebola xa picadiña, axudan bastante e adicionando unas peitugas ou uns taquiños de pavo a modo de zorza sá, unhas zamburiñas, mexilóns ou langostinos pelados dan unha chea de posibilidades para triunfar nun tris.

Neste caso unha cea de domingo resacoso foi improvisada con tres cousas:
Spaghettis
Polo
espinacas

Leite sempre hai na casa e fariña e sal, co que esta receita non é nada complicada, cóntovos cómo:
Cocer uns spaghettis todos sabedes, e senón no paquete ven explicado.
Nun prato fondo pondes as espinacas, eu tiñá estes cubos conxelados no que veñen prensadas, cun pouco sal e un vaso de leite van ó micro 10 minutos a 800W
As peitugas de polo (xa vedes vos as cantidades en función da fame e das persoas…) podedelas facer no micro ou no lume, eu fixenas no lume picadiñas cun pouco aceite, cando collan cor engadides unha cullerada de fariña e a refugades 2 minutos para que logo non saiba a crú, e engadides o resultado do micro pouco a pouco, vedes como está de sal e podedes complementar cun chisco de noz moscada que lle queda bárbaro.
Os spaghettis xa os deberíades ter escurridos e misturando ó prebe anterior, listo!!



ó fío destas cousas da improvisación vede esta noticia sobre as jam session culinarias

jueves, 24 de febrero de 2011

Brunch

Un fin de semana con algo de resaca e sen hora para erguerse ven sendo o momento ideal para facer un brunch, xa sabedes, nin almorzo nin comida, unha cousa intermedia, sendo lixeiro, pero suficiente para facer unha comida completa.
Respecto ós ingredientes a min gústame que leve froita, algún zume un sándwich con algo proteico e por exemplo un revolto, e todo rematado con algún boliño ou croissant con café.

Lembro especialmente o quen tomei, xa fai bastantes anos no clube de golf de Niagara on the Lake, un pobo pequecho do Canadá, perto das cataratas e moi especial, cun ambiente victoriano e unha xente moi salada; en fin, naquel momento soubome a gloria aquel revolto con tostadas e café americano.



Este ultimo que vos comento fixeno así:
- Sandwich de pan integral con queixo emmental francés, fiame de pavo, e unas ensalada de tomate e rúcola (riquísimo)
- Pizza Vexetal, con calabacíne berenxena
- O cafeciño con leite mais un croissant

Para deixarvos algunha outra idea, e por se andades perdidos por Nova Iorque aqui tedes algunhas opcións.

martes, 15 de febrero de 2011

Os premios goya e a conexión cinematográfica

O Domingo celebróuse a ceremonia de entrega dos premios do cine español, non vos vou comentar os vestidos, ainda que os había ben lucidos, nin a polémica con Álex de la Iglesia ou o colectivo anonymous.

Sempre me gustou o cine, e, como a todos cando unha película retrata algo que nos gusta, a historia goza dun protagonismo extra que nos anima a disfrutala, e, en moitos dos casos entendémola mellor que outras personas que non ven ese interese retratado coma nós.

No fío disto últimamente teño visto algunha peli que me gustou e que amosa o mundo gastronómico como fondo das historias.

En 18 comidas Jorge Coira cun reparto coral conta diversas historias, co cerne do amor e a excusa das gastronomía e o resultado e certamente delicioso:

Co seu 'Bon appétit 'o director David Pinillos ven de gañar o goya á dirección novel, a peli vese moi ben, e gustoume cómo agradeceu o premio, sobre todo cando dixo que ‘as veces os soños cumplense’:

Para rematar deixovos outra opción para que a busquedes en DVD: 'sen reservas', sen ser unha obra maestra é entretida, e a personaxe da nena é moi simpática:

miércoles, 26 de enero de 2011

Bocatas Deluxe



Bocatas hai moitos, pero algúns para min son deluxe, é

dicir, non son o de sempre de chourizo, salchichón, etc… ainda que parafraseando a Ferrán Adriá, un bocata de chourizo cun bo pan e un bo chourizo é todo un manxar.


En fín, tamén os hai cunha significación especial, seguro que todos lembramos algún bocata sinxelo, que por algunha razón soubo tan rico que ainda o levamos na memoria. Falando disto, unha vez, facendo sendeirismo no parque nacional da Caldera de Taburiente cun amigo canario fixéramos uns bocatas rápidos co que había na casa, salami e tomate natural, mercaramos uns bolos integrais e aquilo soubo a gloria bendita, non sei se foi polo bós que estaban ou pola fame que dera o camiño, pero nunca volvin atopar un salami coma aquel…


Voltando ó principio, que viña sendo o tema ‘deluxe’, estes días celébrase Madrid Fusión, xa sabedes, o encontro grastronómico, e dentro dos diversos actos e ponencias tódolos anos hai un concurso de bocatas de autor. para que vexades os gañadores desdte ano, pincha aquí. neste vídeo tedes o resultado de 2009:




Dareivos un par de receitas da miña ‘autoría’que a min me encantan para meter no pan:

Revolto de atún con cebola e pementos ó porto, faciliño: a cebola picadela en xuliana fina, pochádela co aceite imprescindible e engadides medio vasiño de oporto para que a cebola colla ben o sabor, engadides unhas tiras de pemento (pouco) e cando se faga todo dades unha volta ó atún e xa botades os ovos batidos para facer o revolto, as cantidades? Media cebola do país pequecha, unha lata de atún das medianas (as redondas non, desfaise demasiado) e un par ovos por bocadillo. Delicioso.

Outro: Hamburguesa de ibérico con pementos do piquillo, tamén moi sinxelo, a hamburguesa facédela na prancha normalmente, eu collín os pementos asados envasados e refresqueinos un pouco na billa para quitarlle o sabor da conserva, nunha tixola con aceite virxe extra e uns allos moi picados, dádeslle un calor, suave, cinco minutos. Para montar o bocata eu usei pan de baguette, cunha cama de tomate natural e un pouco maionesa . Probádelo.






miércoles, 19 de enero de 2011

Cociña chinesa?

Fai ben pouco que fun a un chino, xa sei a opinión que moitos tedes deles, sobre todo os que sodes mais aprensivos co tema da comida e que non vos fiades das procedencias dos productos que usan.

O tema é: devecía por tomar un peixe agridoce, xa sabedes, uns anacos de peixe cun amoado crocante e ese prebe cor laranxa que o pringa todo e que ten un aspecto case xelatinoso ….en fín facía moito que non o tomaba e alá fun. A verdade é que estaba boísimo, puxéronme uns cortes de merluza que estaban ben bós, cunha cervexa, para min, perfecto.

O primeiro a confesar é que a min non me sae ben, nin o amoado especial nin obviamente o prebe, aínda que tiña unha receita que se parecía bastante, da miña amiga Heide, a súa nai é de Taiwan e claro, algo manexa as técnicas orientais. Ela combinaba prebe de tomate con vinagre de mazá, zume de piña e non sei se tamén aceite de sésamo, e despois de emulsionalo ben ligábase en quente, non lembro as proporcions, se recupero a receita completa prometo achegárvola.

Ó fío disto tamén vos quería plantexar un debate, porque o que nós entendemos por cociña chinesa debe ter ben pouco que ver coas cousas que se comen no xigante asiático. Seguramente algunha reminiscencia haberá, pero pensó que o que se come aquí non é mais que un refrito da evolución dos restaurantes chineses de Estados Unidos e que deberon chegar a Europa, igual que a pizza de Chicago, a hamburguesa, etc…Tede en conta que en todas partes as cousas saben do mesmo xeito, como é posible? Absolutamente tódolos chineses teñen o mesmo proveedor?

Vede esta conferencia e seguro que tirades a mesma conclusión ca min:


miércoles, 22 de diciembre de 2010

Compartir : BICA GALEGA


Boas, a quen me coñecedes xa vos teño dito que me podedes enviar algunha receita e vola publico, era un dos lemas deste blog ronsel cando comezou, por falta de tempo e outras lerias non estou adicándolle tódalas forzas que tiña pensado, pero aínda así vai índo, mais lento, pero vai.

Neste senso xa teño a primeira aportación allea a min, é da miña compañeira Sara, sempre é un bo costume cociñar algo para tomar todos no choio, e dou fé que ainda que a foto non é a orixinal do que se comeu, ben me podedes crer que estaba boisima:

Deixo a receita en Castelán para preservar tódalas expresións da autora (aquí temos moito respeto pola creación literaria, amais de ser todos bilingües):

3 huevos
150 gr de mantequilla o manteca (margarina no)
200 ml nata
300 gr azúcar + azúcar para espolvorear
300 gr harina (mejor de repostería)
1 sobre de levadura
50 gr de coñac

Horno:

Precalentamiento: 200º
Cocción: 180º - 30 minutos

Preparación:

Se baten los huevos, se añade la mantequilla previamente cortada en cuadraditos como de un centimetro, yo la sacaría horas antes de la nevera porque si está muy fría cuesta bastante mezclarla. Después lo mezclas con la nata, luego el azúcar, la harina y la levadura y al final del todo el coñac.

Enmantecas y enharinas el molde y antes de meterla al horno la cubres de azúcar al gusto.

A ver se a preparo un día destes e vos conto se teño tan boa man coma Sara.

Se non actualizo antes, que teñades un Bo Nadal



Foto: http://pasenydegusten.blogspot.com

domingo, 5 de diciembre de 2010

Cea tupper

Teño unha pandilla tupper.

Non é que me vaia de pandilla co tupper baixo o brazo, simplemente nunha oficina ó lado do mar, sen ve-lo mar un certo tempo comín de tupper.
Tódolos nós nunca o pasarámos tan ben comendo como naquel tempo, as tertulias eran rápidas, pero mestas, moi cheas de contidos e bromas. Foi unha época deliciosa (Teño que dicir que só na hora da comida...)
Total que nos seguimos reunindo sen o tupper.
Eu recomendovos que se non podedes comer na casa e tedes un espacio habilitado para comer nas vosas empresas levedes o tupper, é moito mais sano e amais coñeceredes moito mellor ós vosos compañeiros.

la cocina del tupper foi o meu agasallo de despedida daquel traballo.


Dúas ideas para pincho que fixemos na cea tupper:
Solombo ó pedro Ximénez sobre pan de pobo, facedes o solombo en filetiños finos e cun chupito de viño doce de pedro ximenez facédeslle un prebe, ligadelo con nata ou un pouco de fariña esluida en auga fria.
Filloa rechea de queixo fresco e salmón, seguides a receita das filloas e só hai que pone-lo queixo, o salmón, enrolar e cortar

As tres receitas fortes deixovolas decote, o postre foi repetido, a bavaroissssssssssssssseee de chocolate que nos gusta tanto.