jueves, 30 de septiembre de 2010

Filloas (I). Reconversión tupper-maternal.

Así como quen non quere a cousa hoxe non puxen en folga a miña cocina e en vez de comer un polo estofado da miña nai reconvertin o tupper que me deu nunha farsa para rechear unhas filloas. Temos que extendermonos mais nesta costume miña de reconvertir cousas, é moi divertido trocar certos pratos xa preparados en outras cousas , agora estoume lembrando dun soufflé que improvisamos certo día de turismo rural a base dun polo con langostinos….en fin, ó que ía:

Probablemente tedes en m ente as filloas doces ás que se lle bota azucre ou mel ou se rechean de nata crema, chocolate, etc… eu son mais de salgado, así que nesta primeira xeira coas filloas imos facer un prato principal.

O proceso do recheo é moi sinxelo, piquei o polo, que xa tiña un chisquiño de prebe e coas verduras da menestra quecín todo na tixola, engadín un pouco de fariña, (unha cullerada pequeña chega) e liguei con leite ata que vin que quedaba todo compacto e cunha cantidade suficiente de prebe.

A filloa máis sinxela non a puiden facer, igual me pasei, porque nin ovos, nin aceite nin manteiga, só leite, fariña triga, sal e pementa negra moida. A proporción foi de 250ml de leite e 150 grs de fariña, misturades co batedor de varillas e listo. Da para catro filloas.
Hai que quentar moito a tixola, mellor se tedes unha desas específicas para crêpes, (o meu francés da moi pouco de sí, pero con algo me quedei), extender a masa para cubra o fondo, deixar facer e dar a volta. Xa sei que non estou sendo moi didáctico, e que debería comezar polo principio, pero no próximo post sobre filloas darei mais datos para os que nunca as fixestes.

O seguinte só é empratar, recheades e enfeitades un poco cunha bechamel o u calquera outra que vos pareza, eu tiña a man unha crema de balsámico e quedou moi fino:


Tags:

No hay comentarios:

Publicar un comentario