miércoles, 15 de septiembre de 2010

Conexión Literaria

Non só de pan vive o home, ía titular isto así, pero non me convencía, en realidade do que tiña ganas era de escribir un post un pouco distinto, últimamente só me adiquei a darvos alguna receita do que ía facendo, pero penso que para que o blog ronsel sexa algo mais dinamico terá que enlazar temas e falar de outras cousas…..o primeiro paso está feito; ó engadirlle o iphone virtual con vídeos penso que xa vai collendo unha ambientación parecida ó que debe ser nun futuro.

Este verán lin bastante, entre outras cousas metinme de cheo a rematar a saga millennium, que por certo enganchoume tanto que cando a rematei quedei con certa sensación de baleiro. Tamén lin a última aventura do inspector leo caldas ‘a Praia dos afogados’, recoméndovola, sobre todo se sodes da zona de Vigo, non sempre a novela policiaca pasa en New York ou no barrio chino de Barcelona. Este inspector é un fan dos fideos con ameixas e a acción desenrolase nun ambiente mariñeiro que tamén nos pode valer de excusa para falar dela aquí.

Mais cousas, e voume acercando onde quero chegar… volvin a Murakami, xa tiña lido varias cousas e agora tocoulle a ‘after dark’ é unha novela sinxela, pero que te mete de cheo na noite de Tokio dun xeito bastante convincente. (vedes que o tema xaponés lévame a algún sitio máis aparte do sushi).

Onte rematei ‘ nin de eva nin de adan’ de Amelie Nothomb. Tiña unha curiosidade bárbara por esta autora, tiña visto alguna entrevista en página 2 e lido referencias a ela en prensa. Peculiar é a palabra para definila, é Belga, pero naceu en xapón (pais diplomáticos) e viviu alí e en Corea, amais de Bélxica, claro; ainda sen coñecer moito penso que a sua obra ten duas correntes, libros autobiográficos coma este do que vos falo e outros, novela de ficción polos que teño curiosidade. Paréceme especialmente interesante porque describe a vida no xapón a ollos dunha occidental predisposta e xa coñecedora do medio; aparte dunha lectura deliciosa ten moitas referencias gastronómicas realmente grandiosas.


Ahí vos vai a entrevista para que a coñezades:

Entrevista a Amélie Nothomb autor de ’Ni de Eva ni de Adán’





Se tedes visto a entrevista agora vos cadrará isto:

No hay comentarios:

Publicar un comentario