martes, 27 de abril de 2010

Jamie Oliver

Tiña idea de irvos amosando traballo de varios cociñeiros do país e de fora, e vou comezar por Jamie, seguro que xa o coñecedes porque pasaban os seus programas de cociña por Localia e tamén polo canal cocina.
A min gústame especialmente polo dinámico que é e as misturas que fai. El é británico, pero traballou moito en francia e Italia e esas influencias vense moito, especialmente a italiana.
Propóñovos un par de vídeos do programa que facía na casa de campo, xa irei colocando algún mais:









Se tedes curiosidade hai dous libros moi bos e que tedes en calquera librería:




lunes, 26 de abril de 2010

De algún xeito hai que comezar.

Levo tantísimo tempo dándolle voltas a isto do blog ronsel que non daba comezado por non saber nin como nin cando nin por onde.
Realmente a excusa, e o último empurrón foron duas cousas que me meteron na cociña fai ben pouco.
Primeiro foi unha viaxe nos festivos de semana santa; unha cociña enorme e ben equipada e nove amigos famentos despois de varias andainas polo rural, a cousa tinguiuse dun xeito creativo e improvisatorio que a verdade satisfixo a todos, polo que o remorso que che queda e que vale a pena tirarse de cabeza enriba da vitro se despois as ceas quedan tan ricas e tan cheas de ledicia. A dicir verdade o mellor de todo é cociñar entre amigos e improvisar xuntando ideas de todos. Heivos ilustrar con fotos os resultados.

O outro feito do que vos falaba é que estou tutorizando un curso de cociña creativa para un grupo de traballadores de hostelería de Extremadura, é xusto o que me empurrou para navegar mais que nunca entre vídeos e blogs para sacar información extra. De agora en diante, non só os alunos verán os froitos destes mergullos cibernéticos, e tamén sairán nestes post moitas das ideas atopadas.

Como vedes o espacio deste blog é branco coma o ronsel, non sei se quedará así, pero de seguro que vai haber novidades, seccións, parte cultural e tamén, se cadra música, todo isto está por abrir e xa o iredes vendo, porque estou seguro que me ides seguir e estaredes pendentes das novidades….


Comezamooooooos:










Natillas ‘Maribel – Maribel’
Non vou dar receitas de momento, pero quero dicirvos que con tal de experimentar todo vale, así que do sobre que utilizamos para facelas non sei nada vin para outro lado, pero sí, estaba boas

Amorodos á pementa con natillas disfrazadas (de crema inglesa)








Algunha vez dareivo-la receita da crema inglesa de marras, pero de momento reciclamos as natillas para envolve-los amorodos, que primeiro salteamos con pouco de manteiga e bastante pementa negra moída. Despois gratinamo-lo resultado. Houbo varias opinións pero eu coido que mellor frío…tédelo que probar. A idea foi de Luis e a verdade é que non fomos quen de reproducir o orixinal, que levaba amorodo pequelo, pero quedo bastante ben.






Risotto de pementos.



Facédelos como un arroz caldoso, cunha base dun sofrito de pemento, pero cun par de variacións, a primeira é que fomos remexendo continuamente o arroz para que soltara ben o almidón, e a outra é que calculedes a cantidade de líquido para que ao habitual ‘dobre e un pouco mais’ ese pouco mais sexa de leite. Tamén lle engadimos con ese pouco mais queixo relado (á vosa discreción). Queda espectacular, súper-cremoso.

Macarróns en tres capas con prebe Aurora.




Máis de Leite, o tomate frito de toda a vida vai levar a metade de leite, e misturade ben, queda un prebe riquísimo, mais lixeiro e cunha textura e suavidade distinta, o das capas vai porque puxemos por riba una de bonito desfiañado e outra de queixo antes de gratinar.

Zanquiños de polo con flash de pataca.
Non me lembro quen bautizou así a pataca, pero é que era tan pouca e cun sabor tan intenso que pareceu un flash: deslumbrache e remata deseguido.
Para conseguir un bo flash, polo tanto a primeira premisa é botar pouca e despois que poida absorber dos xugos do polo e demais, viño branco, allos e o que queirades, cortala en paras moi finas, e meter por riba o polo e ao forno ata este feito.

Declaración de Intencións

Compartir vai se-la idea clave deste blog, simplemente quero amosaros cousas e se pode ser que haxa contrapartidas, preguntas e respostas e no fondo convidarvos a facer cousas distintas nos xantares diarios.
Cando menos quero chegar a picarvos un pouco decuriosidade por experimentar……
……xa me contaredes.