jueves, 30 de septiembre de 2010

Filloas (I). Reconversión tupper-maternal.

Así como quen non quere a cousa hoxe non puxen en folga a miña cocina e en vez de comer un polo estofado da miña nai reconvertin o tupper que me deu nunha farsa para rechear unhas filloas. Temos que extendermonos mais nesta costume miña de reconvertir cousas, é moi divertido trocar certos pratos xa preparados en outras cousas , agora estoume lembrando dun soufflé que improvisamos certo día de turismo rural a base dun polo con langostinos….en fin, ó que ía:

Probablemente tedes en m ente as filloas doces ás que se lle bota azucre ou mel ou se rechean de nata crema, chocolate, etc… eu son mais de salgado, así que nesta primeira xeira coas filloas imos facer un prato principal.

O proceso do recheo é moi sinxelo, piquei o polo, que xa tiña un chisquiño de prebe e coas verduras da menestra quecín todo na tixola, engadín un pouco de fariña, (unha cullerada pequeña chega) e liguei con leite ata que vin que quedaba todo compacto e cunha cantidade suficiente de prebe.

A filloa máis sinxela non a puiden facer, igual me pasei, porque nin ovos, nin aceite nin manteiga, só leite, fariña triga, sal e pementa negra moida. A proporción foi de 250ml de leite e 150 grs de fariña, misturades co batedor de varillas e listo. Da para catro filloas.
Hai que quentar moito a tixola, mellor se tedes unha desas específicas para crêpes, (o meu francés da moi pouco de sí, pero con algo me quedei), extender a masa para cubra o fondo, deixar facer e dar a volta. Xa sei que non estou sendo moi didáctico, e que debería comezar polo principio, pero no próximo post sobre filloas darei mais datos para os que nunca as fixestes.

O seguinte só é empratar, recheades e enfeitades un poco cunha bechamel o u calquera outra que vos pareza, eu tiña a man unha crema de balsámico e quedou moi fino:


Tags:

miércoles, 15 de septiembre de 2010

Conexión Literaria

Non só de pan vive o home, ía titular isto así, pero non me convencía, en realidade do que tiña ganas era de escribir un post un pouco distinto, últimamente só me adiquei a darvos alguna receita do que ía facendo, pero penso que para que o blog ronsel sexa algo mais dinamico terá que enlazar temas e falar de outras cousas…..o primeiro paso está feito; ó engadirlle o iphone virtual con vídeos penso que xa vai collendo unha ambientación parecida ó que debe ser nun futuro.

Este verán lin bastante, entre outras cousas metinme de cheo a rematar a saga millennium, que por certo enganchoume tanto que cando a rematei quedei con certa sensación de baleiro. Tamén lin a última aventura do inspector leo caldas ‘a Praia dos afogados’, recoméndovola, sobre todo se sodes da zona de Vigo, non sempre a novela policiaca pasa en New York ou no barrio chino de Barcelona. Este inspector é un fan dos fideos con ameixas e a acción desenrolase nun ambiente mariñeiro que tamén nos pode valer de excusa para falar dela aquí.

Mais cousas, e voume acercando onde quero chegar… volvin a Murakami, xa tiña lido varias cousas e agora tocoulle a ‘after dark’ é unha novela sinxela, pero que te mete de cheo na noite de Tokio dun xeito bastante convincente. (vedes que o tema xaponés lévame a algún sitio máis aparte do sushi).

Onte rematei ‘ nin de eva nin de adan’ de Amelie Nothomb. Tiña unha curiosidade bárbara por esta autora, tiña visto alguna entrevista en página 2 e lido referencias a ela en prensa. Peculiar é a palabra para definila, é Belga, pero naceu en xapón (pais diplomáticos) e viviu alí e en Corea, amais de Bélxica, claro; ainda sen coñecer moito penso que a sua obra ten duas correntes, libros autobiográficos coma este do que vos falo e outros, novela de ficción polos que teño curiosidade. Paréceme especialmente interesante porque describe a vida no xapón a ollos dunha occidental predisposta e xa coñecedora do medio; aparte dunha lectura deliciosa ten moitas referencias gastronómicas realmente grandiosas.


Ahí vos vai a entrevista para que a coñezades:

Entrevista a Amélie Nothomb autor de ’Ni de Eva ni de Adán’





Se tedes visto a entrevista agora vos cadrará isto:

domingo, 5 de septiembre de 2010

Algo parecido ás sardiñas lañadas


O verán vai rematando e ainda que non controlo ben o tema das tempadas dos peixes, coido que as sardiñas xa non deben estar no mellor, se cadra e facendo caso do refrán polo san xoan é cando mollan o pan... en fín, xa hai bastante que tiña feito esta receita, pero esta semán non hai nada destacable (salvo un brunch contra a resaca que será cuestión de non comentar), así que me remonto un pouco e vos dou a miña versión desta receita de toda a vida.

Xa sabedes que son un puco transgresor con algunhas cousas e o que mais me gusta é interpretar as materias e as técnicas á miña maneira. Obviamente lañar as sardiñas é algo mais que o que eu fago, pero como ultimamente me dedico á cociña express, pois...saenme estas cousas. Non teño tempo para salga-lo peixe e deixalo o tempo que se merece e tal, así que para qué temos os inventos asiáticos...a soy sauce é fantástica para dar un toque salgado ( e algo mais).



Seguramente non tedes claro isto de lañar as sardiñas, imos procurar axuda:

segun laconada.com

según colineta.com

Agora que xa vos quedou claro explicovos que o meu proceso é sinxelísimo: cunha tesoira tirades a a cabeza e abrides a tripa da sardiña e agora cos dedos, limpades de vísceras e ídelas abrindo, metedes o pulgar polo medio e xa se fan sós os filetes, agora quitades a espiña metendo ó índice e seguindo cara á cola. Chupado, o seguiente paso é té-la prancha moi quente e pintalas cunha mistura de aceite de oliva e prebe de soia, volta e volta e listo!

Tags: