lunes, 20 de junio de 2011
(mais) Conexión cinematografica
Chámase julie & julia e a verdade que é deliciosa.
A peli estructúrase en dúas partes que van desenvolvéndose ó tempo de xeito paralelo.
nun lado está a historia de julia Child, unha muller estadounidense que viviu nos anos 50 en Francia, acompañando ó seu marido, diplomático. Nestes anos aprendeuno todo sobre a cociña francesa e escribiu un libro con moito esforzo. Á volta ós estados unidos déronlle un programa de cociña que abriu os ollos ó país en termos culinarios.
A outra historia pasa na actualidade e trata dunha moza que se pon un reto, que consiste en facer tódalas receitas do libro de Julia Child nun ano e para iso abre un blog e vai comentadoas todas e amais as aventuras polas que pasa para facelas.
Pareceume moi divertida e abre moito a curiosidade sobre a cociña francesa...
Esta é a auténtica Julia Child:
miércoles, 8 de junio de 2011
Mariñadas
Ultimamente estoume afecionando a mariñar certas cousas, comecei con distintos cortes de polo, peitugas ou muslos, pero podemos mariñar calquera peza de carne, e incluso peixe (as clásicas escabeches non son mais que mariñadas quentes).
A clave está en impregnar a peza cunha cantidade suficiente de condimentos e deixala unhas horas para que colla tanto aromas como sabores ó tempo que se ablanda para despois cociñala de mellor xeito. Ó ideal é que este tempo esté na neveira, por aquilo de que a temperatura sexa constante e este mellor conservada en un recipiente con tapa, para concentra-los arrecendos e que non pasen ó ambiente ou a outros alimentos.
Pódense empregar bases de viño con especias e herbas aromáticas ou outras mais exóticas, coma unha que me gusta moito que é iogur natural con especias tandoori (mistura india que non é doada de atopar, pero que da uns resultados impresionantes).
Unha moi sinxela que fixen fai ben pouco e que apliquei a unhas peitugas foi a seguinte:
- Aceite (tres culleradas)
- Prebe de Soia (eu uso Kikkoman, para as mariñadas é perfecta, para a mesa hainas mais suaves, pero iso xa é outro tema)
- Pementón (na miña opinión se é da Vera moito millor, hai moita diferencia cos de outras orixes)
- Ourego (vale outra herba: alfabaca, tomentelo, romeu, etc)
É tan sinxelo como embadúrnalo ben (se o metedes todo nun táper, simplemente poñede-la tapa e axitades, así amais de non mancharvos emulsionades o conxunto).
Deixádelo no frigo unha noite e o día seguintes facedes a peituga na prancha coma sempre.
Eu engadinlla a unha ensalada de leituga folla de roble, cuns tomatiños pera, así quedou un contraste moi rico entre o quente e o crocante e frío dos vexetais.