martes, 8 de marzo de 2011

Improvisando

Cando un chega á cociña sen saber qué facer, apretado por algún invitado con fame, quizais a algunha hora ou momento raro e para colmo coa merca sen facer….só queda improvisar…co que tés na alacena.

Nese momento hai que sacar un chisco de imaxinación e outro chisco de intuición e facer algunha plegaria a algún santo para que na alacena haxa algo coherente.
Por suposto tamén podemos tirar do conxelador, eu especialmente gardo sempre varios elementos vexetais e proteicos para estes momentos. Unhas xudías, brécol, espinacas, pementos, cebola xa picadiña, axudan bastante e adicionando unas peitugas ou uns taquiños de pavo a modo de zorza sá, unhas zamburiñas, mexilóns ou langostinos pelados dan unha chea de posibilidades para triunfar nun tris.

Neste caso unha cea de domingo resacoso foi improvisada con tres cousas:
Spaghettis
Polo
espinacas

Leite sempre hai na casa e fariña e sal, co que esta receita non é nada complicada, cóntovos cómo:
Cocer uns spaghettis todos sabedes, e senón no paquete ven explicado.
Nun prato fondo pondes as espinacas, eu tiñá estes cubos conxelados no que veñen prensadas, cun pouco sal e un vaso de leite van ó micro 10 minutos a 800W
As peitugas de polo (xa vedes vos as cantidades en función da fame e das persoas…) podedelas facer no micro ou no lume, eu fixenas no lume picadiñas cun pouco aceite, cando collan cor engadides unha cullerada de fariña e a refugades 2 minutos para que logo non saiba a crú, e engadides o resultado do micro pouco a pouco, vedes como está de sal e podedes complementar cun chisco de noz moscada que lle queda bárbaro.
Os spaghettis xa os deberíades ter escurridos e misturando ó prebe anterior, listo!!



ó fío destas cousas da improvisación vede esta noticia sobre as jam session culinarias