domingo, 3 de octubre de 2010

O prebe de tomate perfecto

Hoxe quero facervos pensar cun pequeño debate sobre os nosos gustos, vouvos propor que vexades un vídeo dun conferenciante norteamericano. Esta conferencia ten unha temática empresarial e de marketing, dende o punto de vista profesional: falaría da primeira das catro p´s do marketing: producto, precio, promoción e distribución (placement) e tanto é así que conta a historia dun asesor de empresas que andivo a procurar o mellor dos prebes posibles...atoparíao?



Agora que xa o vistes, dádeslle a razón a Howard?
Se preguntades pola miña, penso que ten toda a razón do mundo, demasiadas veces temos discutido con alguén sobre gustos culinarios, propondo que os nosos son os mellores sen discusión e que non hai cousa mellor que os productos que gabamos.
pero como temos a seguridade de que as sensacións que temos nós son as que mesmas que perciben outras persoas? Cantas veces discutides sobre un viño e cantas veces tentamos convencer á outra persoa de que o que lle apresentamos é único e sen dúbida ningunha o mellor?



Os sentidos de cada quen xunto á cultura gastronómica que posue márcanlle os seus gustos, non podemos homoxeneizalos de maneira ningunha, polo que podemos dicir que o prebe de tomate perfecto non existe.
Tags:

No hay comentarios:

Publicar un comentario