jueves, 28 de octubre de 2010

Menú ultrarápido en 20 minutos (como julius)





Tirando de microondas, de inspiración (que non sempre ven) e de cousas normais no conxelador alá van tres ideas para un menú completo, de primeiro, segundo e postre.

Unha crema de ervillas é ben doada de facer, non me lembro dos tempos, pero unha chisca de auga no fondo dun 'bowl' (qué pijo), sal e 800 W son suficientes, 7 minutos han chegar, pero ídelos probando en punto. Para facer a crema engadir un chisco leite e queixo fresco, xa sabedes que os emprego desnatados, polo colesterol, e queda ben! Para enfeitar púxenlles unhas tiras de pemento feitas tamén no micro cun chisco de aceite, sal e un chorriño de vermú rosso.

O seguinte foi un salteado de brécol e atún, para o brécol facedes o mesmiño que coas ervillas, e logo, no wok nun pouco de aceite salteades o atún en tacos e dádeslle un golpe de calor a todo xunto, un chisco de prebe de soia quédalle realmente ben.



O remate foi un postre dun minuto: 'sopa de citricos con noces':
unhas noces, un kiwi e un pouco de iogur líquido fan un postre delicioso e sano. Perdin a foto, pero queda moi chulo e moi rico.

Hala a probar, como eu son bastante feo e non dou ben na cámara, mellor vedes a julius, que cociña coma min pero é mellor actor:






No hay comentarios:

Publicar un comentario