miércoles, 20 de abril de 2011

Cedendo espacio: post by Sila: Empanada de queixo de cabra, amendoas e mel.

Un bo amigo e persoa a que admiro pola diversidade de ocio na que se manexa, convidoume a escribir esta receita que se debera describir cun nome, chamaríaa “O Arranxo” pola súa sinxeleza, polo atractivo visual, polo contraste no padal que aporta e porque é unha queda ben, xa que sempre sorprende a aquelas persoas que a degustan. Transfírese coma un primeiro prato, entremés ou vale ben coma unha boa sobremesa dunha comida lixeira, porque a verdade e que, así como que esta empanada e moi rica e sorprendente pola mestura de sabor, tamén enche moito, moitísimo .


Os ingredientes son poucos e baratos: masa follada (2 placas), dous rulos de queixo de cabra que son os xustos para 1 empanada, 1 ovo, un puñado de améndoas e mel. O tempo e de 5 minutos de elaboración e uns 20-25 de coción.

Os pasiños a dar son os que seguen: quecer o forno a bastante temperatura (200º máis ou menos), estender a masa, e non moito (parte de abaixo), colocar enriba os redondos de queixo de cabra, cortados previamente cun dedo de grosor, a continuación regar cun pouquechiño de mel (dúas culleres sopeiras máximo), que para que se esparra ben, (se o mel e da casa está moi sólida, pódese meter un pouquiño do microondas). Case por último tapar coa parte de enriba da masa follada, estendida igual que a de abaixo. Tal cal vai o forno. Cando se mire que está a puntiño, sácase do forno e aplícase cun pincel (ou servilleta de papel enroscada) o ovo batido (un poquiño) pola parte de arriba da tapa para que faga as veces de pegamento e lle de ese color amarelo tan apetecible, a continuación régase de novo todo por enriba con tres culleres (máis ou menos) de mel e bótase as améndoas para que queden ben pegadiñas. A continuación métese no forno para darlle un toque máis torrado.

Debería estar lista para comer. Recomendación: é un prato que hai que comer quente, frío perde toda a graza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario