viernes, 21 de mayo de 2010

Cociña Xaponesa (I): mais sinxela do que parece

Cando pensamos na cociña do xapón seguramente vos vén á cabeza cousas crúas, moito peixe, prebes extraños e sabores raros. Probablemente teñades razón, pero a verdade é que hai cousas moi sinxelas que paga a pena probalas e que non levan moito tempo.

Esta semana fixen o meu clásico sushi, as versións mais doadas, é dicir makis e niguiris
Xa sei que soa todo raro, pero explicadas, as cousas, entendénse.
Hoxe vou ó gran, e para o seguinte post prometo falar dos distintos tipos de sushi. Para comezar face-la distinción básica: o sushi non é peixe crú, iso é sashimi. O sushi é calquera cousa que leve unha porción de arroz, pode levar vexetais, algas, afumados, tortilla, e por suponto tamén peixe crú.
Os makis que fixen esta vez son arrolados de alga nori por fora e os niguiris son boliñas ovaladas (eu fágoas cadradas cun molde) con algo por riba.
Desta vez completamo-lo menú cunha tempura mixta e mais uns noodles con curry ‘frutti di mare’, pero diso xa falaremos.



Douvo-la receita do makizushi:

Podedes partir de medio quilo de arroz de gran redondo, que da para facer bastantes rolos.
Lávadelo ben debaixo da billa ata que a auga saia limpa de almidón. Despois fervédelo con sal e escurrido, poñédelo a enfriar, nese momento aderezádelo con vinagre de arroz, as receitas que se ven por ahí engadenlle azúcre e sal, pero eu bótollo así tal cual e queda ben.





Co arroz frío xa podedes face-os rolos, poñedes unha folla de nori (alga seca tostada que ven en cadrados lista para usar) o arroz por riba, no medio o recheo, eu púxenlles salmón afumado, pepino, tortilla (feita cun chorriño de prebe de soia) e surimi. Agora só tedes que enrolar, e listo! Coa humidade do arroz a alga terá suficiente.




Deixadelos un rato na neveira e xa os poderedes cortar. Truco, humedecer o cóitelo con auga para que non se vos apegue.
Os auténticos sushiman utilizan a esterilla de bambú para dar consistencia ó rolo e facelo mais compacto, pero eu coido que non é preciso.
Deste vez fíxenos con forma grandiña, que se chaman futomakis:





Estes outros serían niguiris, pero non van envolveitos en alga:


Para próximos post deixamos a opción de falar de mais tipos e variedades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario