miércoles, 19 de enero de 2011

Cociña chinesa?

Fai ben pouco que fun a un chino, xa sei a opinión que moitos tedes deles, sobre todo os que sodes mais aprensivos co tema da comida e que non vos fiades das procedencias dos productos que usan.

O tema é: devecía por tomar un peixe agridoce, xa sabedes, uns anacos de peixe cun amoado crocante e ese prebe cor laranxa que o pringa todo e que ten un aspecto case xelatinoso ….en fín facía moito que non o tomaba e alá fun. A verdade é que estaba boísimo, puxéronme uns cortes de merluza que estaban ben bós, cunha cervexa, para min, perfecto.

O primeiro a confesar é que a min non me sae ben, nin o amoado especial nin obviamente o prebe, aínda que tiña unha receita que se parecía bastante, da miña amiga Heide, a súa nai é de Taiwan e claro, algo manexa as técnicas orientais. Ela combinaba prebe de tomate con vinagre de mazá, zume de piña e non sei se tamén aceite de sésamo, e despois de emulsionalo ben ligábase en quente, non lembro as proporcions, se recupero a receita completa prometo achegárvola.

Ó fío disto tamén vos quería plantexar un debate, porque o que nós entendemos por cociña chinesa debe ter ben pouco que ver coas cousas que se comen no xigante asiático. Seguramente algunha reminiscencia haberá, pero pensó que o que se come aquí non é mais que un refrito da evolución dos restaurantes chineses de Estados Unidos e que deberon chegar a Europa, igual que a pizza de Chicago, a hamburguesa, etc…Tede en conta que en todas partes as cousas saben do mesmo xeito, como é posible? Absolutamente tódolos chineses teñen o mesmo proveedor?

Vede esta conferencia e seguro que tirades a mesma conclusión ca min:


No hay comentarios:

Publicar un comentario