jueves, 6 de mayo de 2010

Propostas de ensaladas



Pensade nunha ensalada distinta normalmente misturamo- los distintos ingreientes vexetais á mesma temperatura e cun aliño que case sempre consiste nunha vinagreta básica, Pensade en que podemos engadir una temperatura distinta se metemos algo proteico na ecuación e o facemos en quente.
Unas tiras de lombo con mollo, unhas zamburiñas o vieiras á prancha ou algún outro molusco recén aberto pode ser una idea fantástica para completar unha base de leitugas variadas combinada con outro elemento vexetal como pementos ou brécol refugados.
Todo isto combinado con alguna aportación crocante (fatias de queixo ou xamón á prancha ) ou ben algún foito seco fainos dunha ensalada un cóctel de diferentes texturas moi apetitoso.
Por suposto, o aliño deberá ir en consonancia ós elementos usados, polo que en ocasions nos resultará preferible el uso de temperados de base máis cremosa, para isto una mahonesa alixeierada ou o iogur pódennos servir de base.

Á miña proposta é esta:




- Mistura verde: leituga, lollo rosso, rúcula, lombarda (pódese mercar xa preparada e limpa)
- Pementos ó vermut: Pementos roxos cortados en tiras anchas, un pouco de aceite, sal e un bó chorretón de vermut= 12 – 15 minutos no micro á máxima potencia. (800W)
- Unas zamburiñas salteadas cun chisco de aceite e salsa de soia, cuns poucos minutos xa se fan. (non tiredes a casa pola ventana, conxeladas saen boas..)
- Anchoas de Santoña, para enfeitar o conxunto,
- O mollo que vos propoño para aliñar sería un bo aceite con vinagre de módena, e batédelo un pouco para que emulsione e quede un punto cremoso.

1 comentario: