miércoles, 9 de junio de 2010

Bacallao con garbanzos impostores



Para seguir o ronsel trampulleiro do anterior post, o domingo fixen este bacallao impostor.

En realidade os impostores son os garbanzos, para min a trampa foi usalos en conserva e non cocelos eu mesmo, aquí aforrei moito tempo; o resto é bastante real…

Eu para duas persoas usei un bote dos grandes de cristal de garbanzos, dous lombos de bacallao conxelado (para non ter que desálalo) unha cebola, un pemento e seis langostinos grandiñose enteiros.

Nunha tixola antiadherente poñede un pouco aceite e deitades o bacallao de feito que o marcades ben por todolos lados.

Cando este ben dourado retiradelo e nese mesmo aceite facedes un sofrito coa cebola e o pemento, deixades transparentar ben a cebola e botades a facer os langostinos enteiros, cando xa cambien de cor separades as cabezas e machucádelas un pouco na mesma tixola para que solten todo o sabor, botades unha cullerada de fariña, remexedes un minuto e botades unha copa de viño branco.

Agora é cando engadimos os garbanzos que tiñamos refrescados e escorridos (para quitarlle o sabor a conserva), misturamos ben co prebe e deitamos os lombos de bacallao para que se rematen de facer por dentro e se misturen os sabores.

Pódese facer ainda mais sinxela, se mercades o sofrito xa feito ou en vez facer o prebe de langostinos engadílleslle algún outro xa preparado.

A idea é facer un guiso de varias horas en 20 minutos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario