jueves, 3 de junio de 2010

Cociña para Impostores

Esta seman estou pouco vago, así que nos vos dou receita ningunha. Onte tomando café cunhas compañeiras dinme conta que moitos dos que ledes o ‘blog ronsel’ non tedes porqué ter moita idea de cociña, ou ainda téndoa quizais andades xustos de tempo e gañas de poñervos a facer delicatessens así polas boas (eu tampouco teño sempre a inspiración á man, e ser creativo a diario custa bastante).

Tendo en conta que o fín derradeiro deste espacio ciber-culinario é compartir e darvos ideas penso que vai ser mellor adoptar unha postura práctica e non ser demasiado ‘academicos’ nin ter porqué seguir os preceptos dunha cociña profesional para acabar sendo mais directos e incluso algo rebeldes.

En fín, que pensei en plaxiar amigablemente a Falsarius Chef; este colega blogueiro xa leva varios libros publicados i é un artista da reconversión conserveira….
…quero dicir que fai cociña creativa e rápida simplemente mellorando productos enlatados ou en conserva.

Ainda por riba, para facelo mais divertido os nomes das receitas son moi divertidos e sempre teñen a súa significación xustificada…






No hay comentarios:

Publicar un comentario