lunes, 2 de agosto de 2010

As tertulias radiofónicas, a memoria e o viño.

Este fin de sema fun ó albariño de cambados, mais non vos quero falar das bondades dos viños das Rías baixas, mais ben o que quero enlazar é que seguro que hai algún investigador que diga que a partires dun determinado número de viños un xa non lembra certas cousas.

Unha destas é en qué tertulia radiofónica me inspirei para sacar a ensalada que vos presento hoxe, probablemente na cadea Ser (por estatística é unha das radios que mais sintonizo), pero non sei qué día nin cando. En todo caso falábase de pratos de verán frescos e de combinacións non habituais.
A invitada (volto a non lembrar nome nin procedencia) indicaba que as froitas de tempada e as legumes casaban moi ben; posto que as ensaladas de legumes fai moito que as practico puxen atención e gustoume o que oín:

O que me saíu foi isto:


O que lle botei para duas persoas foron:
400 grs de garbanzos cocidos
200 grs de melón
100 grs de ervillas cocidas
3 tomates secos ás tiras
200 grs de peituga de polo (fíxena no micro: un chisco de aceite, sal e pementón e coa tapa de micro posta para xerar vapor, cortada en anaquiños 5 minutos a 800 W chegan)
Aceite e vinagre de arroz para atemperar (vale calquera outro vinagre)

No hay comentarios:

Publicar un comentario