domingo, 5 de diciembre de 2010

Copa tres texturas:


Un ovo por persoa
Media cebola mediana por persoa
Unha pataca pequerrecha por persoa

Facer un puré de pataca, se non queredes....'maggi te puede ayudar'
o asunto é pochar a cebola, a lume lento ata que colla esa cor dourada, eu axúdolle cun bo chorro de vermú rosso.

O 'quid`da cuestión é ferver o ovo só 5 minutos e despois enfrialo para que non siga cocendo, deixádelo debaixo da billa un bo rato e que arrefríen ben, mergullados en auga. Con isto conseguimos que a clara quede cocida pero a xema non.

Para montar a copa: no fondo a cebola quente, no medio o ovo e por riba o puré de pataca, se o queredes mais fino, podédelo converter nunha mousse misturando cunhas claras montadas, así o resultado é mais lixeiro.

Queda delicioso cando metes a culleriña, se escacha o ovo e la xema líquida inunda a cebola, mmmm...

No hay comentarios:

Publicar un comentario