domingo, 5 de diciembre de 2010

A viña versión da Moussaka.


Non é que o efecto MOUrinho e futbol me inciten a certos pratos, pero ahí vai a miña versión


Tiña ganas de meterme unha boa ración dun gratinado potente, así que pensei na moussaka, a versión turco-grega da mais coñecida lasagna de carne.

En vez da pasta haille que por láminas de berenxena.

Esta receita é bastante simple, pódese complicar un pouco se engadimos bechamel ao conxunto, pero eu son de facelo mais directo, cóntovos:


Media berenxena por persoa, laminádela e cociñadela na prancha con aceite e sal.

150 gramos de carne picada por persoa, eu seguindo a Arguiñano, metade de porco e metade de vitela, así queda mais xugosa.

A carne ímola cociñar con media cebola e un pouco viño branco na tixola, cando xa colla cor, engádeselle 300 grs de salsa de tomate (vos decidides a procedencia) e suficiente Alfavaca como para que se lle note (vos dedidides o gusto que tedes por ela), cando o conxunto está bastante homoxéne é o momento de ligalo: primeiro refogades con a carne 'atomatada' unha cullerada de fariña triga un minuto e despois engadides medio vaso de leite, se está quente mellor, senon, pois tardará un chisco mais e punto.

Xa o tedes listo, cando arrefíe un pouco montades o pastel: eu fíxeno nunha cazola de barro: capa de berexena, carne, capa de berenxena, carne e berenxena, se non vos da, pois pasades da derradeira capa, pero nunca da primeira, eu para gratinar escollín un emmental francés que ultimamente me está conquistando, (pero vos decidides o que mais vos guste, un toque galego pode ser o san simón da costa).

No hay comentarios:

Publicar un comentario