domingo, 5 de diciembre de 2010

Ensalada de vieiras'super complicada'



O que mais me levou de facela foi decidir qué verde lle puña, estaba dubidando entre canónigos, rúcula ou unha desas misturas que ten llolo rosso, iceberg, romana, lisa, etc

Gañou unha bolsa de rúcula limpa e preparada para servir (igual que as outras opciòns, vaia)

ingredientes, a devandita rúcula, non me lembro dos gramos, pero un envase pequeno para tres duas vieiras sen cuncha por cabeza e uns tomatiños cereixa......veña vai, 'cherrys'.

Ollo, que é complicado eh! Atentos....
1º sacar a rúcula do envase e nun bowl xa sei que é pijo, pero e que me encanta o anglicismo este, en fin, aceite e vinagre de módena o u calquera outro e remexedes para que se pringuen ben tódalas follas.
2º Coa prancha quente, rociamos de aceite as vieiras e os cherrys, o punto decidídelo vos, mellor que queden xugosas, dous ou tres minutos por lado van ser suficientes, pero se vos parecen algo crúas pois, deixádelas algo mais, os cherrys en menos xa van estar.
3º Empratar ao gusto, eu ademais usei unha crema de vinagre de módena para enfeitar, agora xa empezan a estar nos supermercados, ata o de agora eran bastante caras e estaban só nos delicatessen.

Difícil.........

No hay comentarios:

Publicar un comentario